A piqués estivo de producirse a milagre mais non puido ser, o celta volta á segunda outra vez en moi poucos anos. Así é todo tiveron a salvación nas súas mans durante uns intres pero o gol do betis acabou con toda esperanza. O celta posibelmente se mantería senón houbese deixado fuxir tantos puntos desde a chegada do seu novo adestrador xa que encadearan cinco partidos seguidos de derrotas que complicou moito a situación.
O partido comezou moi ben para os vigueses e a ledicia apropiábase da afección. Porén pouco durou porque uns dez minutos despois marcaría o betis e deixaba ao celta como ao principio, no descenso.
A marcha do anterior presidente parece que sentou mal no clube e oxalá que Mouriño volva facer a este equipo un clube de primeira e sobre todo capaz de mante-la categoría e non descenderen tan a miúdo.