O celta deixou fuxir onte unha boa oportunidade para intentar saír da zona baixa da táboa pero coma sempre( este ano polo menos) volveu fallar.
O partido era ante un rival directo(RealSociedade)como a semana pasada que foi perante o Levante e novamente os celtiñas deixaron que a vitoria escapase das súas mans(ou pés) e semella que están decididos a deixar a primeira.
O que me molesta moito é que xogadores como Baiano comenten que como o celta descenda abandonan o equipo e penso que non debería dicir iso porque que os vigueses estean así tamén é culpa del porque a súa tarefa e mete-los goles e se o celta está nesa situación é porque non contribúe con goles á mellora do equipo. Pero que faga o que queira porque ningún xagador é imprescindíbel polo que se está a poder ver.