Algúns falaron do "efecto Stoichkov mais eu penso que nunca existiu. O celta só logrou gañar un partido co seu novo adestrador e foi ante o depor polo que é probábel que fose a motivación o que os levara cara a vitoria e non a mudanza do técnico porque a dicir verdade os galegos non melloraron no seu xogo respecto de Fernando Vázquez e tampouco conseguen gañar (tres partidos seguidos perdidos). Como a cousa non mellore ao celta agárdalle a segunda división, pero convén non falar antes de tempo xa que os nosos teñen esta semana un partido contra o levante moi importante e unha vitoria sacaríaos do descenso debido a que o encontro e ante un rival directo que está na loita pola salvación.
Agárdase un partido de infarto e en Balaídos están a poñer as entradas máis baratas para que tódolos xiareiros do celta enchan o domingo o campo e levar así ao seu equipo cara o triunfo. A ver se hai sorte.